luns, 4 de maio de 2020

NOVA WEB PARA O TRABALLO DE TODO O ALUMNADO DO CENTRO

Bos días.
Tal e como levamos anunciando varios días, hoxe centralizamos todas as tarefas do centro nunha sola web e en modo de xogo. Para acceder á web hai que facer clic AQUÍ ou usar o enlace https://conexionconvivencia.wixsite.com/ceipriadoburgo Traballaremos en modo gamificación (de xeito lúdico con xogos e retos). Cada semana faremos diferentes actividades das diversas áreas que o alumnado tratará de solucionar para abrir os candados do reto. Cando se superen abriremos os códigos dos retos.

MANUAL DE USO

EN GALEGO


EN CASTELÁN


EN INGLÉS

xoves, 30 de abril de 2020

NOVIDADES




O martes, 5 de maio, haberá novidades. Estade atent@s.

REPARTO DE MATERIAL ESCOLAR NOS DOMICILIOS

As instrucións publicadas pola Consellería o 27 de abril e o acordo coa FEGAMP recollen a posibilidade de enviar ás familias material escolar que deixaron no centro, no momento en que as clases foron suspendidas. Despois de consultar coa inspección educativa e obter a súa autorización, este reparto será feito polo voluntariado do Concello de Culleredo.
Aquelas familias que queiran que se lles envíe o material escolar deberán enviar un e-mail ao colexio (ceip.riadoburgo@edu.xunta.gal) cos seguintes datos:
  • Nome, apelidos e curso do alumno/a.
  • Nome, apelidos e DNI do/a solicitante.
  • Lugar ao que se enviará o material (enderezo completo e actualizado). Se hai familias con sentenzas de separación e/ou divorcio, o lugar onde o recibirá o neno/a para traballar.
  • Teléfono de contacto.
  • Material que solicita.
Os materiais que se repartirán serán libros, libretas con apuntes de clase, frauta e dicionario.
Por cuestións organizativas e de reparto o prazo de solicitude comeza hoxe e remata o luns, 4 de maio, ás 14:00 horas. Enviaremos un avisos a toda a comunidade do día en que se fará o reparto (que esperamos sexa a finais da vindeira semana).

RECURSOS EDUCATIVOS AFUNDACIÓN PARA A FIN DE SEMANA (III)

Afundación invita a ver e participar de catro recursos educativos que oferta para a fin de semana.

xoves, 23 de abril de 2020

RESULTADOS DA ENQUISA ÁS FAMILIAS

O 12 de abril mandamos por TokApp e puxemos neste blog unha enquisa ás familias para que valoredes o estado anímico dos vosos fillos/as, nos digades os recursos tecnolóxicos cos que contamos, coñezamos o grao de relación co profesorado e valoremos as tarefas que enviamos e as dificultades atopadas. Houbo un grande número de familias que contestastes a esta enquisa e queremos agradecelo, pois isto serviranos para avaliar o que estamos a facer, e a tratar de mellorar. Facendo clic AQUÍ poden verse e descargarse os resultados.

mércores, 22 de abril de 2020

ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN MUSICAL PARA 3º DE E. PRIMARIA

Anaisy, a mestra de Educación Musical, publica as actividades de Educación Musical para 3º de Educación Primaria, que se poden ver e/ou descargar facendo clic AQUÍ.

martes, 21 de abril de 2020

ACTIVIDADES PARA 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Ariana, Celia e Melisa envían, facendo clic AQUÍ, actividades ás familias de 4º de Educación Infantil.

ACTIVIDADES PARA 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Oliva e Belén envían ás familias as actividades de 6º de Educación Infantil para estes días:

ACTIVIDADES PARA 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Susana e Xoán envían dous arquivos para facer as actividades dos vindeiros días de 5º de E.Infantil:

ACTIVIDADES DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

María e Emilia presentas as seguintes actividades para facer para 2º de Educación Primaria, que poden verse e/ou descargarse facendo clic AQUÍ.

luns, 20 de abril de 2020

MATERIAL PARA PREPARAR O PROXECTO DE EDUCACIÓN MUSICAL (4º, 5º E 6º DE E. PRIMARIA)

No seguinte enlace a mestra de Educación Musical, Anaisy, indica as actividades e as partituras de cada alumno/a (que foron asignadas por mail individualmente). Hai de prazo para enviar as gravacións a anaisy.musica@gmail.com ata o 30 de abril.

ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN MUSICAL PARA 2º DE E. PRIMARIA

A mestra Anaisy informa das actividades de Educación Musical para 2º de E. Primaria, que poden verse e/ou descargarse facendo clic AQUÍ.

TAREFAS DE INGLÉS PARA 3º, 5º E 6º DE E. PRIMARIA

A mestra de inglés, Chus, envía a seguinte mensaxe:

"Hello everybody! How are you?Como a realización do traballo está sendo moi desigual, recomendaríavos que os que tedes rematado o anterior (especialmente fichas), sigades coas lecturas, 3º COS CONTACONTOS DE MACMILLAN e as actividades recomendadas e 5º E 6º COS LIBROS DE SANTILLANA (ollo!!! Hai que entrar no seguinte enlace para poder acceder ao conto completo): http://www.helblinglanguages.com/int/en/distance-learning-support. Teñen actividades para “antes da lectura” e para “despois” da lectura. Podedes traducir algunhas páxinas, buscar palabras novas e facer un listado, procurar os verbos e analizar en que tempo están..."
Lots of love

TAREFAS 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Noelia e Rubén indican as tarefas a facer para o alumnado de 1º de E. Primaria. Poden verse e/ou descargarse facendo clic AQUÍ.

RECURSOS EDUCATIVOS AFUNDACIÓN

Afundación propón para esta semana catro recursos educativos para as familias: 

 

ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN MUSICAL PARA 1º DE E. PRIMARIA

Anaisy, a mestra de Educación Musical envía as actividades para 1º de E. Primaria que poden verse e/ou descargarse facendo clic AQUÍ.

ACTIVIDADES INGLÉS (INFANTIL, 1º, 2º E 4º DE E. PRIMARIA)

A mestra Mercedes indica as actividades de inglés para estes días:

domingo, 19 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO NA BIBLIOTECA DO COLEXIO

O xoves, 23 de abril, como cada ano, celébrase o Día do Libro. Dende a biblioteca do centro queremos celebrar este día, nunhas circunstancias tan especiais, propoñendo unha serie de retos. Podedes acceder ao enlace dende a web do centro, o blog da biblioteca ou directamente facendo clic AQUÍ.

sábado, 18 de abril de 2020

ORIENTACIÓNS PROVISIONAIS DA CONSELLERÍA

Onte venres, 17 de abril, a última hora da tarde a Consellería inseriu na súa web unhas Orientacións provisionais para o desenvolvemento do 3º trimestre do curso 2019-2020. Poden verse, consultarse e descargarse facendo clic AQUÏ.

mércores, 15 de abril de 2020

martes, 14 de abril de 2020

ENQUISA

Estimadas familias.

Dende o centro estamos moi interesados en saber como estades, tanto a nivel anímico (por iso fixemos o vídeo do persoal do centro) como a nivel educativo. Por este motivo, enviamos esta enquisa para saber se chegamos á maioría de vós, a tecnoloxía coa que contades e as dificultades que podedes atopar nesta situación nova para todos e todas.

Agradeceriamos que a contestedes o antes posible para ter datos da realidade do noso centro e, chegado o caso, informar á Administración para unha mellor atención ao noso alumnado. A enquisa esta no seguinte link:


Un saúdo

ACTIVIDADES 4º E. INFANTIL (3 ANOS)

Ariana, Celia e Melisa propoñen fan unha proposta de actividades para estes días que podedes descargar facendo clic AQUÍ.

ACTIVIDADES DE 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL (4 ANOS)

Susana e Xoán propoñen unha actividades para estes días para o seu alumnado:

ACTIVIDADES PARA 3ºB

Miguel, o titor de 3ºB envía as propostas para esta semana, que podedes descargar facendo clic AQUÍ.

ACTIVIDADES PARA 6º DE INFANTIL (5 ANOS)

Belén e Oliva envían as seguintes actividades para os seus cursos de Educación Infantil:

TAREFAS INGLÉS

Ola a tod@s.
Mercedes, a teacher de Inglés, envíavos tarefas para os seguintes cursos:
Un saúdo

luns, 13 de abril de 2020

EDUCACIÓN FÍSICA (1º E 2º DE E. PRIMARIA)

Ola a todos/as.
Uns días antes de Semana Santa mandei un reto consistente en facer un baile (ou ben dos que eu puxen, ou dos que vós elixistes). Xa recibín varios vídeos e aínda podedes envialos ao mail oscarlamino@gmail.com.
Imos seguir repasando algún aspecto máis da área. Se lembrades dedicamos un tempo a traballar o equilibrio. Como non temos o rocódromo, os zancos e as colchonetas imos repasalo dun xeito máis sinxelo. Para iso propoño cinco exercicios.
  • Se tedes unha corda ou cinta poñédela en liña recta e tratades de andar sobre ela (primeiro un pé e logo outro) sen saír da liña ida e volta. Se non tedes material podedes facela de papel hixiénico.
  • Andar polo pasillo cun libro na cabeza sen que caia.
  • Levantar un pé e aguantar en equilibrio durante dez segundos cos ollos pechados.
  • Avanzar en cuclillas polo pasillo coas mans enriba da cabeza.
  • Poñer tres obxectos na palma da man (un enriba do outro) e camiñar polo pasillo sen que caian.
Facede coma no baile e enviade os vosos vídeos cos exercicios ao mail que indiquei arriba ao longo destes días.
Ánimo e un saúdo

INGLÉS

Chus, a mestra de Inglés, envía ao seu alumnado a seguinte mensaxe:
" Hello, everybody, again.
A continuación mándovos o calendario de grabación dos contos de Macmillan para as próximas datas.
Tamén vos envío un enlace que acabo de recibir da editorial Santillana. Cando accedades, nas lecturas que aparecen hai dúas opcións, se picades na primeira, tedes a opción de escoitar e se picades na segunda, tedes a opción de ler. Escollede ao voso gusto e complementade. Tamén hai unhas actividades para facer.
 
MACMILLAN
  • Martes 14: Room on the Broom
  • Mércores 15: The Magic Elf
  • Xoves 16: A Squash and aSsqueeze
  • Venres 17: The Smartest Giant in Town
  • Luns 20: What the Ladybird Heard
  • Martes 21: The Snale and the Whale
  • Mércores 22: (conto pendiente de confirmar)
  • Xoves 23: Kim and the Beanstalk
  • Venres 24: The Fish that Wanted to Be Beautiful
  • Luns 27: Let’s Recycle
  • Martes 28: (pendiente de confirmer)
  • Mércores 29 : (pendiente de confirmar)
  • Xoves 30 : (pendiente de confirmar)

Stay at home and be happy !

TERCEIRA AVALIACIÓN


A día de hoxe e a esta hora non temos instrucións da Consellería sobre como vai ser o período lectivo que comeza mañán, 14 de abril. Deste xeito, ao longo da semana, iremos colgando algunhas actividades máis á espera de que se clarifique a situación. Lembramos que hai varios lugares nos que hai actividades (é recomendable subscribirse aos blogs para recibir notificacións cando se inclúe algunha actividade nova):
Un saúdo

luns, 6 de abril de 2020

O NOSO VÍDEO NA REDE

O noso vídeo xa está colgado tamén no Facebook do Concello de Culleredo.

O NOSO VÍDEO

Este vídeo (feito polo profesorado e persoal non docente do CEIP Plurilingüe Ría do Burgo) está dedicado a todas as familias da nosa comunidade educativa e, moi especialmente, aos nenos e nenas do noso centro, aos que lembramos moito e estamos desexando volver a ver. Bicos, ánimo e "Quedamos na casa"



venres, 3 de abril de 2020

SEMANA SANTA

Tal e como establece o calendario escolar para o curso 2019-20, do 4 ao 13 de abril, ambos inclusive, haberá un período non lectivo correspondente á Semana Santa. Ao longo destes días seguiremos comunicando coas familias a través do e-mail do centro. Estamos á espera de novos acontecementos para ver se o estado de alarma continúa despois desas datas e de se hai instrucións novas con respecto á formación do alumnado. Tan pronto vaian sucedendo os acontecementos iremos informando.
Queremos desexar a toda a comunidade educativa (familias, profesorado, persoal non docente e, sobre todo, aos nenos e nenas) unhas boas vacacións, aínda dentro desta situación única e excepcional.
Moito ánimo.

xoves, 2 de abril de 2020

ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN MUSICAL (5º E 6º DE E. PRIMARIA)

Boas tardes. Enviamos as actividades de 5º e 6º de E. Primaria propostas pola mestra Anaisy.

HOXE CELEBRAMOS ...

Hoxe, 2 de abril, temos dúas celebracións:
  • Por unha banda, conmemoramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Sempre é importante ter un hábito lector (tanto nenos/as coma adultos) e hoxe é un dos días para lembrar a súa importancia. Como xa dixemos nunha entrada anterior, no blog da biblioteca da escola hai diferentes actividades para ler ou animar á lectura. Hoxe, ademais, recomendamos dous enlaces para esta efeméride: o de Kalandraka TV e un de poesía (Antonio García Teijeiro, o noso último Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, recítanos Poemar o mar).
  • A segunda celebración de hoxe é o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo. Facendo clic AQUÍ tedes un enlace no que explica moi clariño o que é o autismo e na imaxe de abaixo aparece un reto para facer hoxe ás 21:00.

STORY TELLERS EN INGLÉS

Good morning everybody.
Tanto a editorial Macmillan (a de 5º e 6º) como Oxford (a de 3º) están colgando en youtube contos para escoitar todos os días. 
  • Accedede a MACMILLAN STORY CORNER despois das 11:30 da mañá. O de hoxe é PEACE AT LAST. 
  • Accedede tamén a STORY TIME OXFORD OWL. 
 Un bico moi grande

mércores, 1 de abril de 2020

BLOG DA BIBLIOTECA

Lembramos a todas as familias que, no blog da biblioteca, tamén tedes recursos para traballar ao longo desta temporada de confinamento. Podedes velo no enlace http://bibliocolorines.blogspot.com/ ou tamén na web do colexio ou nos enlaces deste blog, na columna da dereita.

martes, 31 de marzo de 2020

ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN MUSICAL DE 3º E 4º DE E. PRIMARIA

A mestra de Educación Musical (Anaisy) pon a disposición das familias unha nova tanda de actividades:

MANUAL DE USARIO E DESCARGA DE ABALAR MÓBIL

Facendo clic AQUÍ poñemos a disposición da comunidade educativa o manual de descarga e preguntas frecuentes da aplicación AbalarMóbil.

APERTURA DE CONTIDOS DIXITAIS DO PROXECTO E-DIXGAL

O Proxecto E-Dixgal (de Educación Dixital para o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria pon en aberto a disposición de toda a comunidade educativa os seus contidos no seguinte enlace  http://www.edu.xunta.gal/portal/contidos-edixgal

luns, 30 de marzo de 2020

ACTIVIDADES DE E. MUSICAL PARA 1º E 2º DE E. PRIMARIA

Anaisy acaba de enviar estas actividades para o alumnado de 1º e 2º de E. Primaria.

E-MAIL CONTACTO MESTRAS DE 6º DE E. PRIMARIA

O e-mail para contactar coas titoras de 6º de Educación Primaria é riadoburgoauladesexto@gmail.com. Lembramos que as actividades propostas polas titoras de 6º están no blog "La magia de las palabras", que está a disposición das familias no enlace https://espemalvarpazos.blogspot.com/ e tamén na web do centro e neste blog.

PROPOSTAS DE INGLÉS (CHUS)

A teacher Chus envía as seguintes indicacións para o seu alumnado:
Hello, again!
  • Para 5º e 6º, mandoume a delegada da editorial un enlace para que vos deades de alta e podades acceder a algúns recursos de NEW TIGER: http://www.macmillaneducation.es/pupils-corner/É gratuíto. 
  • Se accededes en youtube a MACMILLAN STORY CORNER podedes ver un conto gravado:The Gruffalo. O martes 31, gravarán outro, Mr. Crocodile’s Toothbrush. A idea é facer un por semana. Estes contos son moi faciliños para vós, así que o ALUMNADODE 3º pode acceder tamén a eles en youtube. Recordade que nas actividades anteriores hai un correo electrónico para que podades contactar conmigo.  
See you son.
Ánimo e...STAY AT HOME!

COLABORACIÓN DO CONCELLO DE CULLEREDO ÁS FAMILIAS

O Concello de Culleredo fíxonos chegar este comunicado para darlle a máxima difusión:

"Desde os distintos departamentos municipais veñense detectando a familias de Culleredo que teñen dificultades para imprimir/fotocopiar os traballos escolares que os seus fillos/as teñen que facer desde casa.
Na medida do posible temos que colaborar para evitar que este confinamento obrigatorio afecte o menos posible ao rendemento académico e provoque unha brecha educativa maior nas familias con menos recursos.
Por este motivo habilitouse desde o concello un servizo de impresión/fotocopia dos traballos escolares que teñen que realizar estos menores e coa posterior entrega das mesmas no propio domicilio familiar.
Se hai algún caso de familias con estas necesidades os datos para solicitar este apoio son:
  • Ana Oteruelo (técnica municipal), teléfono 620 008 450
E para  enviar o material a imprimir, poderían utilizarse indistintamente ao/s seguinte/s correo/s electrónico/s:
  • educacion@culleredo.es, 
  • ana.oteruelo@gmail.com
indicando nome, enderezo de entrega da documentacion e teléfono de contacto."

AXUDAS DE COMEDOR ESCOLAR.

ORDE do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (código de procedemento ED601B). A Consellería publica no DOG de hoxe unha axuda para as familias do alumnado de comedores escolares que usan o servizo de xeito gratuíto (non pagan) ou semigratuíto (pagan 1 euro por día de uso). Toda a información na páxina web do colexio.

PROPOSTAS DE RELIXIÓN CATÓLICA

Ola a todos e todas.
Eva, a mestra de Relixión Católica fai AQUÍ as seguintes propostas para estes días.

NOVAS ACTIVIDADES PARA 2º DE E. PRIMARIA.

Ola a todos e todas.
María e Emilia indican AQUÍ as propostas de actividades para os seguintes días.

NOVAS ACTIVIDADES DE INGLÉS PARA 4º DE E. PRIMARIA

Ola a todos e todas.
Mercedes, a teacher de inglés, realiza tres propostas de actividades para estes días.
  • En primeiro lugar, unhas indicacións AQUÍ de propostas e actividades a realizar.
  • En segundo lugar, ideas para facer un comic AQUÍ.
  • Por último, tecnoloxía 3D en inglés AQUÍ.

NOVAS ACTIVIDADES DE INGLÉS PARA 2º DE E. PRIMARIA

Ola a todos e todas.
Mercedes, a teacher de inglés envía dúas propostas de actividades para estos días.
  • Por unha, banda tedes AQUÍ actividades e recomendacións.
  • E, por outra banda, AQUÍ hai algunha suxestión para Pascua (Easter).

NOVAS ACTIVIDADES DE INGLÉS PARA 1º DE E. PRIMARIA

Ola a todos e todas.
Mercedes, a teacher de inglés envía dúas propostas de actividades para estos días.
  • Por unha, banda tedes AQUÍ actividades e recomendacións.
  • E, por outra banda, AQUÍ hai algunha suxestión para Pascua (Easter).

sábado, 28 de marzo de 2020

EDUCACIÓN FÍSICA (2º DE E. PRIMARIA)

Ola a todos os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria, e ás súas familias. Como a situación parece que aínda se vai prolongar no tempo vouvos propoñer algunhas actividades de Educación Física e un reto para ir facendo ao longo destes días. Como non é doado que teñades material na casa para facer, hai un exercicio estupendo e divertido co que podedes traballar na casa: o baile. Así traballaremos ritmo, movemento e coordinación usando só o corpo e, obviamente, algo de música (baixiña e a horas prundeciais). A continuación vou inserir tres enlaces con exemplos de bailes que podedes practicar na casa (algún seguro que vos sonan). A idea é que practiquedes eses ou outros que vos gusten máis e aquí é onde ven o reto, que consiste en que fagades unha pequena coreografía e ma enviedes por e-mail. Pode ser de vós sós ou acompañados, podedes usar a música que vos propoño ou outra que vos guste máis, podedes usar disfraces e complementos, ... en fin, usade a vosa imaxinación e creatividade. Os que aceptedes o reto podedes enviarme o vídeo a oscarlamino@gmail.com
Tres ideas que podedes usar (ou a que vós queirades):
 RETO LANZADO. Ánimo e a bailar!!!!

EDUCACIÓN FÍSICA (1º DE E. PRIMARIA)

Ola a todos os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria, e ás súas familias. Como a situación parece que aínda se vai prolongar no tempo vouvos propoñer algunhas actividades de Educación Física e un reto para ir facendo ao longo destes días. Como non é doado que teñades material na casa para facer, hai un exercicio estupendo e divertido co que podedes traballar na casa: o baile. Así traballaremos ritmo, movemento e coordinación usando só o corpo e, obviamente, algo de música (baixiña e a horas prundeciais). A continuación vou inserir tres enlaces con exemplos de bailes que podedes practicar na casa (algún seguro que vos sonan). A idea é que practiquedes eses ou outros que vos gusten máis e aquí é onde ven o reto, que consiste en que fagades unha pequena coreografía e ma enviedes por e-mail. Pode ser de vós sós ou acompañados, podedes usar a música que vos propoño ou outra que vos guste máis, podedes usar disfraces e complementos, ... en fin, usade a vosa imaxinación e creatividade. Os que aceptedes o reto podedes enviarme o vídeo a oscarlamino@gmail.com
Tres ideas que podedes usar (ou a que vós queirades):
 RETO LANZADO. Ánimo e a bailar!!!!

venres, 27 de marzo de 2020

TAREFAS 1º E. PRIMARIA PARA A SEMANA DO 30 DE MARZO

Ola a tod@s. Facendo clic AQUÍ podedes ver e descargar as tarefas que Noelia e Rubén envían para a semana do 30 de marzo. Onde pon PDF adxunto quere dicir que recibiredes un arquivo .pdf no voso correo enviado por eles.

mércores, 25 de marzo de 2020

ACTIVIDADES PARA OS MÁIS PEQUES

O Departamento de Orientación pon a disposición de todos/as unha serie de actividades para estes días de confinamento. Facendo clic AQUÍ, AQUÍ e AQUÍ podedes velas e/ou descargalas.

EDUCACIÓN MUSICAL

Podedes ver e/ou descargar facendo clic AQUÍ as actividades voluntarias de 5º de Educación Primaria para as dúas vindeiras semanas.

ACTIVIDADES INGLÉS

Para o tramo comprendido entre o 30 de marzo e o 11 de abril a profesora de Inglés Chus, indica as seguintes actividades voluntarias:

martes, 24 de marzo de 2020

PROPOSTAS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Comezamos con outra proposta do Departamento de Orientación para o alumnado de Audición e Linguaxe e, tamén, cadernos de escritura e lectura para calquera neno e nena que queira usalo.

BENVIDA

Ola a tod@s.
Inauguramos este blog para continuar cos diferentes traballos e tarefas que están a enviar os mestres e mestras do centro para facer de xeito voluntario ao longo destes días de confinamento. O obxectivo é que o alumnado teña diferentes puntos de referencia para continuar a ter unha rutina de traballo mentres dure esta situación. Por tanto, non van ser todo fichas ou teoría. Pretendemos ter un abano amplio de opción para que os vosos fillos e fillas poidan traballar diariamente.
Esperamos que todos e todas estedes ben e moito ánimo.
COMEZAMOS!!!!!!