luns, 30 de marzo de 2020

COLABORACIÓN DO CONCELLO DE CULLEREDO ÁS FAMILIAS

O Concello de Culleredo fíxonos chegar este comunicado para darlle a máxima difusión:

"Desde os distintos departamentos municipais veñense detectando a familias de Culleredo que teñen dificultades para imprimir/fotocopiar os traballos escolares que os seus fillos/as teñen que facer desde casa.
Na medida do posible temos que colaborar para evitar que este confinamento obrigatorio afecte o menos posible ao rendemento académico e provoque unha brecha educativa maior nas familias con menos recursos.
Por este motivo habilitouse desde o concello un servizo de impresión/fotocopia dos traballos escolares que teñen que realizar estos menores e coa posterior entrega das mesmas no propio domicilio familiar.
Se hai algún caso de familias con estas necesidades os datos para solicitar este apoio son:
  • Ana Oteruelo (técnica municipal), teléfono 620 008 450
E para  enviar o material a imprimir, poderían utilizarse indistintamente ao/s seguinte/s correo/s electrónico/s:
  • educacion@culleredo.es, 
  • ana.oteruelo@gmail.com
indicando nome, enderezo de entrega da documentacion e teléfono de contacto."

Ningún comentario:

Publicar un comentario