Ola
a todos os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria, e ás súas
familias. Como a situación parece que aínda se vai prolongar no tempo
vouvos propoñer algunhas actividades de Educación Física e un reto para
ir facendo ao longo destes días. Como non é doado que teñades material
na casa para facer, hai un exercicio estupendo e divertido co que
podedes traballar na casa: o baile. Así traballaremos ritmo, movemento e
coordinación usando só o corpo e, obviamente, algo de música (baixiña e
a horas prundeciais). A continuación vou inserir tres enlaces con
exemplos de bailes que podedes practicar na casa (algún seguro que vos
sonan). A idea é que practiquedes eses ou outros que vos gusten máis e
aquí é onde ven o reto, que consiste en que fagades unha pequena
coreografía e ma enviedes por e-mail. Pode ser de vós sós ou
acompañados, podedes usar a música que vos propoño ou outra que vos
guste máis, podedes usar disfraces e complementos, ... en fin, usade a
vosa imaxinación e creatividade. Os que aceptedes o reto podedes
enviarme o vídeo a oscarlamino@gmail.com
Tres ideas que podedes usar (ou a que vós queirades):
- A primeira proposta é un baile africano.
- Continuamos cunha danza de Oceanía.
- E rematamos co baile "Can't stop the feeling".
RETO LANZADO. Ánimo e a bailar!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario