Ola a tod@s.
Inauguramos este blog para continuar cos diferentes traballos e tarefas que están a enviar os mestres e mestras do centro para facer de xeito voluntario ao longo destes días de confinamento. O obxectivo é que o alumnado teña diferentes puntos de referencia para continuar a ter unha rutina de traballo mentres dure esta situación. Por tanto, non van ser todo fichas ou teoría. Pretendemos ter un abano amplio de opción para que os vosos fillos e fillas poidan traballar diariamente.
Esperamos que todos e todas estedes ben e moito ánimo.
COMEZAMOS!!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario