AULAS NA CASA
Un blog do profesorado do CEIP Plurilingüe Ría do Burgo para axudar ás familias no proceso educativo dos nenos e nenas mentres dure o confinamento.
mércores, 13 de marzo de 2024
luns, 4 de maio de 2020
NOVA WEB PARA O TRABALLO DE TODO O ALUMNADO DO CENTRO
Bos días.
Tal e como levamos anunciando varios días, hoxe centralizamos todas as tarefas do centro nunha sola web e en modo de xogo. Para acceder á web hai que facer clic AQUÍ ou usar o enlace https://conexionconvivencia.wixsite.com/ceipriadoburgo Traballaremos en modo gamificación (de xeito lúdico con xogos e retos). Cada semana faremos diferentes actividades das diversas áreas que o alumnado tratará de solucionar para abrir os candados do reto. Cando se superen abriremos os códigos dos retos.
MANUAL DE USO
EN GALEGO
EN CASTELÁN
EN INGLÉS
xoves, 30 de abril de 2020
REPARTO DE MATERIAL ESCOLAR NOS DOMICILIOS
As instrucións publicadas pola Consellería o 27 de abril e o acordo
coa FEGAMP recollen a posibilidade de enviar ás familias material
escolar que deixaron no centro, no momento en que as clases foron
suspendidas. Despois de consultar coa inspección educativa e obter a súa
autorización, este reparto será feito polo voluntariado do Concello de
Culleredo.
Aquelas familias que queiran que se lles envíe o material escolar deberán enviar un e-mail ao colexio (ceip.riadoburgo@edu.xunta.gal) cos seguintes datos:
- Nome, apelidos e curso do alumno/a.
- Nome, apelidos e DNI do/a solicitante.
- Lugar ao que se enviará o material (enderezo completo e actualizado). Se hai familias con sentenzas de separación e/ou divorcio, o lugar onde o recibirá o neno/a para traballar.
- Teléfono de contacto.
- Material que solicita.
Os materiais que se repartirán serán libros, libretas con apuntes de clase, frauta e dicionario.
Por cuestións organizativas e de reparto o prazo de solicitude comeza hoxe e remata o luns, 4 de maio, ás 14:00 horas. Enviaremos un avisos a toda a comunidade do día en que se fará o reparto (que esperamos sexa a finais da vindeira semana).
RECURSOS EDUCATIVOS AFUNDACIÓN PARA A FIN DE SEMANA (III)
Afundación invita a ver e participar de catro recursos educativos que oferta para a fin de semana.
luns, 27 de abril de 2020
RECURSOS EDUCATIVOS AFUNDACIÓN (II)
Afundación achega catro propostas para realizar ao longo da semana:
venres, 24 de abril de 2020
ACLARACIÓNS SOBRE O MATERIAL E A ACTIVIDADE DE EDUCACIÓN MUSICAL PARA 4º, 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.
Anaisy, a mestra de Educación Musical, fixo un vídeo, facendo clic AQUÍ, con aclaración de dúbidas sobre como participar no Proxecto Valse de Vilanova dos Infantes e o manexo de materiais.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
