O martes, 5 de maio, haberá novidades. Estade atent@s.
Un blog do profesorado do CEIP Plurilingüe Ría do Burgo para axudar ás familias no proceso educativo dos nenos e nenas mentres dure o confinamento.
xoves, 30 de abril de 2020
REPARTO DE MATERIAL ESCOLAR NOS DOMICILIOS
As instrucións publicadas pola Consellería o 27 de abril e o acordo
coa FEGAMP recollen a posibilidade de enviar ás familias material
escolar que deixaron no centro, no momento en que as clases foron
suspendidas. Despois de consultar coa inspección educativa e obter a súa
autorización, este reparto será feito polo voluntariado do Concello de
Culleredo.
Aquelas familias que queiran que se lles envíe o material escolar deberán enviar un e-mail ao colexio (ceip.riadoburgo@edu.xunta.gal) cos seguintes datos:
- Nome, apelidos e curso do alumno/a.
- Nome, apelidos e DNI do/a solicitante.
- Lugar ao que se enviará o material (enderezo completo e actualizado). Se hai familias con sentenzas de separación e/ou divorcio, o lugar onde o recibirá o neno/a para traballar.
- Teléfono de contacto.
- Material que solicita.
Os materiais que se repartirán serán libros, libretas con apuntes de clase, frauta e dicionario.
Por cuestións organizativas e de reparto o prazo de solicitude comeza hoxe e remata o luns, 4 de maio, ás 14:00 horas. Enviaremos un avisos a toda a comunidade do día en que se fará o reparto (que esperamos sexa a finais da vindeira semana).
RECURSOS EDUCATIVOS AFUNDACIÓN PARA A FIN DE SEMANA (III)
Afundación invita a ver e participar de catro recursos educativos que oferta para a fin de semana.
luns, 27 de abril de 2020
RECURSOS EDUCATIVOS AFUNDACIÓN (II)
Afundación achega catro propostas para realizar ao longo da semana:
venres, 24 de abril de 2020
ACLARACIÓNS SOBRE O MATERIAL E A ACTIVIDADE DE EDUCACIÓN MUSICAL PARA 4º, 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.
Anaisy, a mestra de Educación Musical, fixo un vídeo, facendo clic AQUÍ, con aclaración de dúbidas sobre como participar no Proxecto Valse de Vilanova dos Infantes e o manexo de materiais.
RECURSOS EDUCATIVOS DE AFUNDACIÓN PARA A FIN DE SEMANA (II)
Afundación oferta ás familias actividades para esta fin de semana:
ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA O MES DE MAIO DE 3º, 4º, 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Juan, o mestre de Educación Física, indica facendo clic AQUÍ as actividades para o mes de maio do alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria.
xoves, 23 de abril de 2020
RESULTADOS DA ENQUISA ÁS FAMILIAS
O 12 de abril mandamos por TokApp e puxemos neste blog unha enquisa ás familias para que valoredes o estado anímico dos vosos fillos/as, nos digades os recursos tecnolóxicos cos que contamos, coñezamos o grao de relación co profesorado e valoremos as tarefas que enviamos e as dificultades atopadas. Houbo un grande número de familias que contestastes a esta enquisa e queremos agradecelo, pois isto serviranos para avaliar o que estamos a facer, e a tratar de mellorar. Facendo clic AQUÍ poden verse e descargarse os resultados.
mércores, 22 de abril de 2020
ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN MUSICAL PARA 3º DE E. PRIMARIA
Anaisy, a mestra de Educación Musical, publica as actividades de Educación Musical para 3º de Educación Primaria, que se poden ver e/ou descargar facendo clic AQUÍ.
martes, 21 de abril de 2020
ACTIVIDADES PARA 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL
Ariana, Celia e Melisa envían, facendo clic AQUÍ, actividades ás familias de 4º de Educación Infantil.
ACTIVIDADES PARA 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL
Oliva e Belén envían ás familias as actividades de 6º de Educación Infantil para estes días:
ACTIVIDADES PARA 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL
Susana e Xoán envían dous arquivos para facer as actividades dos vindeiros días de 5º de E.Infantil:
ACTIVIDADES DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
María e Emilia presentas as seguintes actividades para facer para 2º de Educación Primaria, que poden verse e/ou descargarse facendo clic AQUÍ.
luns, 20 de abril de 2020
MATERIAL PARA PREPARAR O PROXECTO DE EDUCACIÓN MUSICAL (4º, 5º E 6º DE E. PRIMARIA)
No seguinte enlace a mestra de Educación Musical, Anaisy, indica as actividades e as partituras de cada alumno/a (que foron asignadas por mail individualmente). Hai de prazo para enviar as gravacións a anaisy.musica@gmail.com ata o 30 de abril.
ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN MUSICAL PARA 2º DE E. PRIMARIA
A mestra Anaisy informa das actividades de Educación Musical para 2º de E. Primaria, que poden verse e/ou descargarse facendo clic AQUÍ.
TAREFAS DE INGLÉS PARA 3º, 5º E 6º DE E. PRIMARIA
A mestra de inglés, Chus, envía a seguinte mensaxe:
"Hello everybody! How are you?Como a realización do traballo está sendo moi desigual, recomendaríavos que os que tedes rematado o anterior (especialmente fichas), sigades coas lecturas, 3º COS CONTACONTOS DE MACMILLAN e as actividades recomendadas e 5º E 6º COS LIBROS DE SANTILLANA (ollo!!! Hai que entrar no seguinte enlace para poder acceder ao conto completo): http://www.helblinglanguages.com/int/en/distance-learning-support. Teñen actividades para “antes da lectura” e para “despois” da lectura. Podedes traducir algunhas páxinas, buscar palabras novas e facer un listado, procurar os verbos e analizar en que tempo están..."
Lots of love
TAREFAS 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Noelia e Rubén indican as tarefas a facer para o alumnado de 1º de E. Primaria. Poden verse e/ou descargarse facendo clic AQUÍ.
RECURSOS EDUCATIVOS AFUNDACIÓN
Afundación propón para esta semana catro recursos educativos para as familias:
- Visita virtual exposición «Con D de Arte. Unha ollada infantil á Colección de Arte Afundación máis contemporánea».
- Fichas para facer da exposición "Con D de Arte".
- Educando con maxia (Xurxo Ruíz).
- Cómics culturais. Recomendacións con Asier Mensuro. OS CABALEIROS DA ORDE DE TOLEDO: De Javierre e Juanfran Cabrera.
ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN MUSICAL PARA 1º DE E. PRIMARIA
Anaisy, a mestra de Educación Musical envía as actividades para 1º de E. Primaria que poden verse e/ou descargarse facendo clic AQUÍ.
ACTIVIDADES INGLÉS (INFANTIL, 1º, 2º E 4º DE E. PRIMARIA)
A mestra Mercedes indica as actividades de inglés para estes días:
- E. Infantil
- 1º de E. Primaria
- 2º de E. Primaria
- 4º de E. Primaria. Tarefa 1. Tarefa 2.
domingo, 19 de abril de 2020
DÍA DO LIBRO NA BIBLIOTECA DO COLEXIO
O xoves, 23 de abril, como cada ano, celébrase o Día do Libro. Dende a biblioteca do centro queremos celebrar este día, nunhas circunstancias tan especiais, propoñendo unha serie de retos. Podedes acceder ao enlace dende a web do centro, o blog da biblioteca ou directamente facendo clic AQUÍ.
sábado, 18 de abril de 2020
ORIENTACIÓNS PROVISIONAIS DA CONSELLERÍA
Onte venres, 17 de abril, a última hora da tarde a Consellería inseriu na súa web unhas Orientacións provisionais para o desenvolvemento do 3º trimestre do curso 2019-2020. Poden verse, consultarse e descargarse facendo clic AQUÏ.
venres, 17 de abril de 2020
RECURSOS EDUCATIVOS DE AFUNDACIÓN PARA A FIN DE SEMANA
Facilitamos recursos educativos que nos oferta "Afundación" para a fin de semana:
xoves, 16 de abril de 2020
ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN MUSICAL
A mestra de Educación Musical, Anaisy, presenta as as actividades para ir realizando en Educación Musical.
ACTIVIDADES DE INGLÉS PARA 3º, 5º E 6º DE E. PRIMARIA
A mestra de inglés, Chus, envía as actividades de inglés para os seguintes cursos:
mércores, 15 de abril de 2020
ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN MUSICAL (1º E 2º E. PRIMARIA)
A mestra de Educación Musical, Anaisy, envía as seguintes actividades para o seu alumnado de 1º e 2º de E. Primaria:
ACTIVIDADES VARIADAS
Nos enlaces que aparecen a continuación aparecen propostas diversas de actividades:
ACTIVIDADES DE RELIXIÓN CATÓLICA
Eva, a mestra de Relixión Católica manda as propostas para estes días que podedes descargar facendo clic AQUÍ.
ACTIVIDADES DE 2º DE E. PRIMARIA
María e Emilia indican actividades para facer que podedes ver e descargar facendo clic AQUÍ.
martes, 14 de abril de 2020
ENQUISA
Estimadas familias.
Dende o centro estamos moi interesados en saber como estades, tanto a
nivel anímico (por iso fixemos o vídeo do persoal do centro) como a
nivel educativo. Por este motivo, enviamos esta enquisa para saber se
chegamos á maioría de vós, a tecnoloxía coa que contades e as
dificultades que podedes atopar nesta situación nova para todos e todas.
Agradeceriamos que a contestedes o antes posible para ter datos da
realidade do noso centro e, chegado o caso, informar á Administración
para unha mellor atención ao noso alumnado. A enquisa esta no seguinte link:
Un saúdo
ACTIVIDADES 4º E. INFANTIL (3 ANOS)
Ariana, Celia e Melisa propoñen fan unha proposta de actividades para estes días que podedes descargar facendo clic AQUÍ.
ACTIVIDADES DE 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL (4 ANOS)
Susana e Xoán propoñen unha actividades para estes días para o seu alumnado:
ACTIVIDADES PARA 3ºB
Miguel, o titor de 3ºB envía as propostas para esta semana, que podedes descargar facendo clic AQUÍ.
ACTIVIDADES PARA 6º DE INFANTIL (5 ANOS)
Belén e Oliva envían as seguintes actividades para os seus cursos de Educación Infantil:
TAREFAS INGLÉS
Ola a tod@s.
Mercedes, a teacher de Inglés, envíavos tarefas para os seguintes cursos:
- Educación Infantil
- 1º de E. Primaria
- 2º de E. Primaria
- 4º de E. Primaria. Tarefa1. Tarefa2.
Un saúdo
luns, 13 de abril de 2020
EDUCACIÓN FÍSICA (1º E 2º DE E. PRIMARIA)
Ola a todos/as.
Uns días antes de Semana Santa mandei un reto consistente en facer un baile (ou ben dos que eu puxen, ou dos que vós elixistes). Xa recibín varios vídeos e aínda podedes envialos ao mail oscarlamino@gmail.com.
Imos seguir repasando algún aspecto máis da área. Se lembrades dedicamos un tempo a traballar o equilibrio. Como non temos o rocódromo, os zancos e as colchonetas imos repasalo dun xeito máis sinxelo. Para iso propoño cinco exercicios.
- Se tedes unha corda ou cinta poñédela en liña recta e tratades de andar sobre ela (primeiro un pé e logo outro) sen saír da liña ida e volta. Se non tedes material podedes facela de papel hixiénico.
- Andar polo pasillo cun libro na cabeza sen que caia.
- Levantar un pé e aguantar en equilibrio durante dez segundos cos ollos pechados.
- Avanzar en cuclillas polo pasillo coas mans enriba da cabeza.
- Poñer tres obxectos na palma da man (un enriba do outro) e camiñar polo pasillo sen que caian.
Facede coma no baile e enviade os vosos vídeos cos exercicios ao mail que indiquei arriba ao longo destes días.
Ánimo e un saúdo
INGLÉS
Chus, a mestra de Inglés, envía ao seu alumnado a seguinte mensaxe:
" Hello, everybody, again.
A continuación mándovos o calendario de grabación dos contos de Macmillan para as próximas datas.
Tamén vos envío un enlace que acabo de recibir da editorial Santillana. Cando accedades, nas lecturas que aparecen hai dúas opcións, se picades na primeira, tedes a opción de escoitar e se picades na segunda, tedes a opción de ler. Escollede ao voso gusto e complementade. Tamén hai unhas actividades para facer.
A continuación mándovos o calendario de grabación dos contos de Macmillan para as próximas datas.
Tamén vos envío un enlace que acabo de recibir da editorial Santillana. Cando accedades, nas lecturas que aparecen hai dúas opcións, se picades na primeira, tedes a opción de escoitar e se picades na segunda, tedes a opción de ler. Escollede ao voso gusto e complementade. Tamén hai unhas actividades para facer.
MACMILLAN
- Martes 14: Room on the Broom
- Mércores 15: The Magic Elf
- Xoves 16: A Squash and aSsqueeze
- Venres 17: The Smartest Giant in Town
- Luns 20: What the Ladybird Heard
- Martes 21: The Snale and the Whale
- Mércores 22: (conto pendiente de confirmar)
- Xoves 23: Kim and the Beanstalk
- Venres 24: The Fish that Wanted to Be Beautiful
- Luns 27: Let’s Recycle
- Martes 28: (pendiente de confirmer)
- Mércores 29 : (pendiente de confirmar)
- Xoves 30 : (pendiente de confirmar)
Stay at home and be happy !
TERCEIRA AVALIACIÓN
A día de hoxe e a esta hora non temos instrucións da Consellería sobre como vai ser o período lectivo que comeza mañán, 14 de abril. Deste xeito, ao longo da semana, iremos colgando algunhas actividades máis á espera de que se clarifique a situación. Lembramos que hai varios lugares nos que hai actividades (é recomendable subscribirse aos blogs para recibir notificacións cando se inclúe algunha actividade nova):
- Blog de Ensino na casa (onde estamos a subir as tarefas dos cursos que non teñen blog e/ou aula virtual) https://ensinonacasa.blogspot.com/
- Blog da Biblioteca http://bibliocolorines.blogspot.com/
- Blog do Club de Ciencia https://cienciariadoburgo.blogspot.com/
- Blog de 3ºB de E. Primaria https://quedamosnascasas.blogspot.com/
- Blog de 4º de E. Primaria https://4cquedanacasa.blogspot.com/
- Blog de 5º de E. Primaria https://folerpasdepapel.blogspot.com/
- Blog de 6º de E. Primaria https://espemalvarpazos.blogspot.com/
- Aula Virtual do colexio (en 3ºA e 4º de E. Primaria) https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipriadoburgo/aulavirtual2/
Un saúdo
luns, 6 de abril de 2020
O NOSO VÍDEO
Este
vídeo (feito polo profesorado e persoal non docente do CEIP Plurilingüe
Ría do Burgo) está dedicado a todas as familias da nosa comunidade
educativa e, moi especialmente, aos nenos e nenas do noso centro, aos
que lembramos moito e estamos desexando volver a ver. Bicos, ánimo e
"Quedamos na casa"
venres, 3 de abril de 2020
SEMANA SANTA
Tal e como establece o calendario escolar para o curso 2019-20, do 4 ao 13 de abril, ambos inclusive, haberá un período non lectivo correspondente á Semana Santa. Ao longo destes días seguiremos comunicando coas familias a través do e-mail do centro. Estamos á espera de novos acontecementos para ver se o estado de alarma continúa despois desas datas e de se hai instrucións novas con respecto á formación do alumnado. Tan pronto vaian sucedendo os acontecementos iremos informando.
Queremos desexar a toda a comunidade educativa (familias, profesorado, persoal non docente e, sobre todo, aos nenos e nenas) unhas boas vacacións, aínda dentro desta situación única e excepcional.
Moito ánimo.
xoves, 2 de abril de 2020
ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN MUSICAL (5º E 6º DE E. PRIMARIA)
Boas tardes. Enviamos as actividades de 5º e 6º de E. Primaria propostas pola mestra Anaisy.
HOXE CELEBRAMOS ...
Hoxe, 2 de abril, temos dúas celebracións:
- Por unha banda, conmemoramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Sempre é importante ter un hábito lector (tanto nenos/as coma adultos) e hoxe é un dos días para lembrar a súa importancia. Como xa dixemos nunha entrada anterior, no blog da biblioteca da escola hai diferentes actividades para ler ou animar á lectura. Hoxe, ademais, recomendamos dous enlaces para esta efeméride: o de Kalandraka TV e un de poesía (Antonio García Teijeiro, o noso último Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, recítanos Poemar o mar).
- A segunda celebración de hoxe é o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo. Facendo clic AQUÍ tedes un enlace no que explica moi clariño o que é o autismo e na imaxe de abaixo aparece un reto para facer hoxe ás 21:00.
STORY TELLERS EN INGLÉS
Good morning everybody.
Tanto a editorial Macmillan (a de 5º e 6º) como Oxford (a de 3º) están colgando en youtube contos para escoitar todos os días.
- Accedede a MACMILLAN STORY CORNER despois das 11:30 da mañá. O de hoxe é PEACE AT LAST.
- Accedede tamén a STORY TIME OXFORD OWL.
Un bico moi grande
mércores, 1 de abril de 2020
BLOG DA BIBLIOTECA
Lembramos a todas as familias que, no blog da biblioteca, tamén tedes recursos para traballar ao longo desta temporada de confinamento. Podedes velo no enlace http://bibliocolorines.blogspot.com/ ou tamén na web do colexio ou nos enlaces deste blog, na columna da dereita.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
