luns, 13 de abril de 2020

EDUCACIÓN FÍSICA (1º E 2º DE E. PRIMARIA)

Ola a todos/as.
Uns días antes de Semana Santa mandei un reto consistente en facer un baile (ou ben dos que eu puxen, ou dos que vós elixistes). Xa recibín varios vídeos e aínda podedes envialos ao mail oscarlamino@gmail.com.
Imos seguir repasando algún aspecto máis da área. Se lembrades dedicamos un tempo a traballar o equilibrio. Como non temos o rocódromo, os zancos e as colchonetas imos repasalo dun xeito máis sinxelo. Para iso propoño cinco exercicios.
  • Se tedes unha corda ou cinta poñédela en liña recta e tratades de andar sobre ela (primeiro un pé e logo outro) sen saír da liña ida e volta. Se non tedes material podedes facela de papel hixiénico.
  • Andar polo pasillo cun libro na cabeza sen que caia.
  • Levantar un pé e aguantar en equilibrio durante dez segundos cos ollos pechados.
  • Avanzar en cuclillas polo pasillo coas mans enriba da cabeza.
  • Poñer tres obxectos na palma da man (un enriba do outro) e camiñar polo pasillo sen que caian.
Facede coma no baile e enviade os vosos vídeos cos exercicios ao mail que indiquei arriba ao longo destes días.
Ánimo e un saúdo

Ningún comentario:

Publicar un comentario