Hoxe, 2 de abril, temos dúas celebracións:
- Por unha banda, conmemoramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Sempre é importante ter un hábito lector (tanto nenos/as coma adultos) e hoxe é un dos días para lembrar a súa importancia. Como xa dixemos nunha entrada anterior, no blog da biblioteca da escola hai diferentes actividades para ler ou animar á lectura. Hoxe, ademais, recomendamos dous enlaces para esta efeméride: o de Kalandraka TV e un de poesía (Antonio García Teijeiro, o noso último Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, recítanos Poemar o mar).
- A segunda celebración de hoxe é o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo. Facendo clic AQUÍ tedes un enlace no que explica moi clariño o que é o autismo e na imaxe de abaixo aparece un reto para facer hoxe ás 21:00.

Ningún comentario:
Publicar un comentario