xoves, 30 de abril de 2020

REPARTO DE MATERIAL ESCOLAR NOS DOMICILIOS

As instrucións publicadas pola Consellería o 27 de abril e o acordo coa FEGAMP recollen a posibilidade de enviar ás familias material escolar que deixaron no centro, no momento en que as clases foron suspendidas. Despois de consultar coa inspección educativa e obter a súa autorización, este reparto será feito polo voluntariado do Concello de Culleredo.
Aquelas familias que queiran que se lles envíe o material escolar deberán enviar un e-mail ao colexio (ceip.riadoburgo@edu.xunta.gal) cos seguintes datos:
  • Nome, apelidos e curso do alumno/a.
  • Nome, apelidos e DNI do/a solicitante.
  • Lugar ao que se enviará o material (enderezo completo e actualizado). Se hai familias con sentenzas de separación e/ou divorcio, o lugar onde o recibirá o neno/a para traballar.
  • Teléfono de contacto.
  • Material que solicita.
Os materiais que se repartirán serán libros, libretas con apuntes de clase, frauta e dicionario.
Por cuestións organizativas e de reparto o prazo de solicitude comeza hoxe e remata o luns, 4 de maio, ás 14:00 horas. Enviaremos un avisos a toda a comunidade do día en que se fará o reparto (que esperamos sexa a finais da vindeira semana).

Ningún comentario:

Publicar un comentario