A mestra de Educación Musical (Anaisy) pon a disposición das familias unha nova tanda de actividades:
Un blog do profesorado do CEIP Plurilingüe Ría do Burgo para axudar ás familias no proceso educativo dos nenos e nenas mentres dure o confinamento.
martes, 31 de marzo de 2020
MANUAL DE USARIO E DESCARGA DE ABALAR MÓBIL
Facendo clic AQUÍ poñemos a disposición da comunidade educativa o manual de descarga e preguntas frecuentes da aplicación AbalarMóbil.
APERTURA DE CONTIDOS DIXITAIS DO PROXECTO E-DIXGAL
O Proxecto E-Dixgal (de Educación Dixital para o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria pon en aberto a disposición de toda a comunidade educativa os seus contidos no seguinte enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/contidos-edixgal
luns, 30 de marzo de 2020
ACTIVIDADES DE E. MUSICAL PARA 1º E 2º DE E. PRIMARIA
Anaisy acaba de enviar estas actividades para o alumnado de 1º e 2º de E. Primaria.
E-MAIL CONTACTO MESTRAS DE 6º DE E. PRIMARIA
O e-mail para contactar coas titoras de 6º de Educación Primaria é riadoburgoauladesexto@gmail.com. Lembramos que as actividades propostas polas titoras de 6º están no blog "La magia de las palabras", que está a disposición das familias no enlace https://espemalvarpazos.blogspot.com/ e tamén na web do centro e neste blog.
PROPOSTAS DE INGLÉS (CHUS)
A teacher Chus envía as seguintes indicacións para o seu alumnado:
Hello, again!
- Para 5º e 6º, mandoume a delegada da editorial un enlace para que vos deades de alta e podades acceder a algúns recursos de NEW TIGER: http://www.macmillaneducation.es/pupils-corner/É gratuíto.
- Se accededes en youtube a MACMILLAN STORY CORNER podedes ver un conto gravado:The Gruffalo. O martes 31, gravarán outro, Mr. Crocodile’s Toothbrush. A idea é facer un por semana. Estes contos son moi faciliños para vós, así que o ALUMNADODE 3º pode acceder tamén a eles en youtube. Recordade que nas actividades anteriores hai un correo electrónico para que podades contactar conmigo.
See you son.
Ánimo e...STAY AT HOME!
COLABORACIÓN DO CONCELLO DE CULLEREDO ÁS FAMILIAS
O Concello de Culleredo fíxonos chegar este comunicado para darlle a máxima difusión:
"Desde os distintos departamentos municipais veñense detectando a familias de Culleredo que teñen dificultades para imprimir/fotocopiar os traballos escolares que os seus fillos/as teñen que facer desde casa.
Na medida do posible temos que colaborar para evitar que este
confinamento obrigatorio afecte o menos posible ao rendemento académico e
provoque unha brecha educativa maior nas familias con menos recursos.
Por este motivo habilitouse desde o concello un servizo de
impresión/fotocopia dos traballos escolares que teñen que realizar estos
menores e coa posterior entrega das mesmas no propio domicilio
familiar.
Se hai algún caso de familias con estas necesidades os datos para solicitar este apoio son:
- Ana Oteruelo (técnica municipal), teléfono 620 008 450
E para enviar o material a imprimir, poderían utilizarse indistintamente ao/s seguinte/s correo/s electrónico/s:
- educacion@culleredo.es,
- ana.oteruelo@gmail.com
indicando nome, enderezo de entrega da documentacion e teléfono de contacto."
AXUDAS DE COMEDOR ESCOLAR.
ORDE
do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das
axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de
bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios
xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación
Profesional durante a situación de suspensión do servizo de comedor como
consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do
procedemento (código de procedemento ED601B).
A Consellería publica no DOG de hoxe unha axuda para as familias do
alumnado de comedores escolares que usan o servizo de xeito gratuíto
(non pagan) ou semigratuíto (pagan 1 euro por día de uso). Toda a información na páxina web do colexio.
PROPOSTAS DE RELIXIÓN CATÓLICA
Ola a todos e todas.
Eva, a mestra de Relixión Católica fai AQUÍ as seguintes propostas para estes días.
NOVAS ACTIVIDADES PARA 2º DE E. PRIMARIA.
Ola a todos e todas.
María e Emilia indican AQUÍ as propostas de actividades para os seguintes días.
NOVAS ACTIVIDADES DE INGLÉS PARA 4º DE E. PRIMARIA
Ola a todos e todas.
Mercedes, a teacher de inglés, realiza tres propostas de actividades para estes días.
NOVAS ACTIVIDADES DE INGLÉS PARA 2º DE E. PRIMARIA
Ola a todos e todas.
Mercedes, a teacher de inglés envía dúas propostas de actividades para estos días.
NOVAS ACTIVIDADES DE INGLÉS PARA 1º DE E. PRIMARIA
Ola a todos e todas.
Mercedes, a teacher de inglés envía dúas propostas de actividades para estos días.
sábado, 28 de marzo de 2020
EDUCACIÓN FÍSICA (2º DE E. PRIMARIA)
Ola
a todos os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria, e ás súas
familias. Como a situación parece que aínda se vai prolongar no tempo
vouvos propoñer algunhas actividades de Educación Física e un reto para
ir facendo ao longo destes días. Como non é doado que teñades material
na casa para facer, hai un exercicio estupendo e divertido co que
podedes traballar na casa: o baile. Así traballaremos ritmo, movemento e
coordinación usando só o corpo e, obviamente, algo de música (baixiña e
a horas prundeciais). A continuación vou inserir tres enlaces con
exemplos de bailes que podedes practicar na casa (algún seguro que vos
sonan). A idea é que practiquedes eses ou outros que vos gusten máis e
aquí é onde ven o reto, que consiste en que fagades unha pequena
coreografía e ma enviedes por e-mail. Pode ser de vós sós ou
acompañados, podedes usar a música que vos propoño ou outra que vos
guste máis, podedes usar disfraces e complementos, ... en fin, usade a
vosa imaxinación e creatividade. Os que aceptedes o reto podedes
enviarme o vídeo a oscarlamino@gmail.com
Tres ideas que podedes usar (ou a que vós queirades):
- A primeira proposta é un baile africano.
- Continuamos cunha danza de Oceanía.
- E rematamos co baile "Can't stop the feeling".
RETO LANZADO. Ánimo e a bailar!!!!
EDUCACIÓN FÍSICA (1º DE E. PRIMARIA)
Ola a todos os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria, e ás súas familias. Como a situación parece que aínda se vai prolongar no tempo vouvos propoñer algunhas actividades de Educación Física e un reto para ir facendo ao longo destes días. Como non é doado que teñades material na casa para facer, hai un exercicio estupendo e divertido co que podedes traballar na casa: o baile. Así traballaremos ritmo, movemento e coordinación usando só o corpo e, obviamente, algo de música (baixiña e a horas prundeciais). A continuación vou inserir tres enlaces con exemplos de bailes que podedes practicar na casa (algún seguro que vos sonan). A idea é que practiquedes eses ou outros que vos gusten máis e aquí é onde ven o reto, que consiste en que fagades unha pequena coreografía e ma enviedes por e-mail. Pode ser de vós sós ou acompañados, podedes usar a música que vos propoño ou outra que vos guste máis, podedes usar disfraces e complementos, ... en fin, usade a vosa imaxinación e creatividade. Os que aceptedes o reto podedes enviarme o vídeo a oscarlamino@gmail.com
Tres ideas que podedes usar (ou a que vós queirades):
- Comezamos por un clásico mundialmente coñecido: Baby Shark.
- A segunda proposta é un baile africano.
- E rematamos cun baile-exercicio.
RETO LANZADO. Ánimo e a bailar!!!!
venres, 27 de marzo de 2020
TAREFAS 1º E. PRIMARIA PARA A SEMANA DO 30 DE MARZO
Ola a tod@s. Facendo clic AQUÍ podedes ver e descargar as tarefas que Noelia e Rubén envían para a semana do 30 de marzo. Onde pon PDF adxunto quere dicir que recibiredes un arquivo .pdf no voso correo enviado por eles.
mércores, 25 de marzo de 2020
EDUCACIÓN MUSICAL
Podedes ver e/ou descargar facendo clic AQUÍ as actividades voluntarias de 5º de Educación Primaria para as dúas vindeiras semanas.
ACTIVIDADES INGLÉS
Para o tramo comprendido entre o 30 de marzo e o 11 de abril a profesora de Inglés Chus, indica as seguintes actividades voluntarias:
martes, 24 de marzo de 2020
PROPOSTAS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Comezamos con outra proposta do Departamento de Orientación para o alumnado de Audición e Linguaxe e, tamén, cadernos de escritura e lectura para calquera neno e nena que queira usalo.
BENVIDA
Ola a tod@s.
Inauguramos este blog para continuar cos diferentes traballos e tarefas que están a enviar os mestres e mestras do centro para facer de xeito voluntario ao longo destes días de confinamento. O obxectivo é que o alumnado teña diferentes puntos de referencia para continuar a ter unha rutina de traballo mentres dure esta situación. Por tanto, non van ser todo fichas ou teoría. Pretendemos ter un abano amplio de opción para que os vosos fillos e fillas poidan traballar diariamente.
Esperamos que todos e todas estedes ben e moito ánimo.
COMEZAMOS!!!!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)