sábado, 28 de marzo de 2020

EDUCACIÓN FÍSICA (1º DE E. PRIMARIA)

Ola a todos os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria, e ás súas familias. Como a situación parece que aínda se vai prolongar no tempo vouvos propoñer algunhas actividades de Educación Física e un reto para ir facendo ao longo destes días. Como non é doado que teñades material na casa para facer, hai un exercicio estupendo e divertido co que podedes traballar na casa: o baile. Así traballaremos ritmo, movemento e coordinación usando só o corpo e, obviamente, algo de música (baixiña e a horas prundeciais). A continuación vou inserir tres enlaces con exemplos de bailes que podedes practicar na casa (algún seguro que vos sonan). A idea é que practiquedes eses ou outros que vos gusten máis e aquí é onde ven o reto, que consiste en que fagades unha pequena coreografía e ma enviedes por e-mail. Pode ser de vós sós ou acompañados, podedes usar a música que vos propoño ou outra que vos guste máis, podedes usar disfraces e complementos, ... en fin, usade a vosa imaxinación e creatividade. Os que aceptedes o reto podedes enviarme o vídeo a oscarlamino@gmail.com
Tres ideas que podedes usar (ou a que vós queirades):
 RETO LANZADO. Ánimo e a bailar!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario